No noso concello hai moitas festas, entre elas, as adicadas aos santos, como San Roque, un peregrino que axudaba aos pobres e aos enfermos.
jueves, 11 de diciembre de 2014
FESTAS DE SAN ROQUE
lunes, 15 de septiembre de 2014
ROTEIRO TO CHANTEIRO
Aquí tedes un
vídeo resumo da actividade realizada polo alumnado da ESO a Chanteiro.
lunes, 18 de agosto de 2014
FESTA PIRATA EN REDES
Os Piratas de Redes e Os Viquingos de Rio Castro son dúas
festas populares que comezaron polo verán do 2005, cando a un grupo de
Viquingos de Rio Castro, lugar situado a poucos quilómetros do pobo de Redes,
decidiron sen previo aviso, invadir Redes por mar nunha tarde de verán, e
“secuestrar” a un redeño. Os redeños xa que descoñecían os plans dos viquingos,
non puideron facer nada contra o desembarco. Uns dias máis tarde os Piratas de
Redes xa organizados e armados con espadas e globos de auga, decidiron
devolverlles a xogada. Desta forma, embarcacións de Redes, tripuladas por
piratas, saíron cara a Rio Castro co fin de atacar aos Viquingos e cabe dicir,
que non chegou haber ningún secuestro, simplemente, foi unha escusa para
comezar esta curiosa festa popular. Deste xeito, empezou unha tradición que ano
tras ano congrega a máis e máis xente. Todo por suposto en clave de humor e bo
rollo.
Como diciamos, ambas as festas atraen a un gran número de
persoas . Nestas festas, a auga xoga un papel moi importante, xa que
normalmente, os desembarcos fanse con globos e mesmo con canóns de auga. Teñen
lugar pola tarde e están amenizadas por grupos de música tradicional, ademais
de cervexas e comida gratis para os Piratas en Rio Castro e para os Viquingos
en Redes.
jueves, 3 de julio de 2014
A ESCOLA DOS MEUS AVOS
Baixo o lema "A historia dos meus avós" o alumnado
de 4º da ESO realizou un traballo de investigación sobre o ensino de antano,
buscando a reflexión sobre a evolución da escola a través do tempo.
Este traballo culminou coa realización dunha entrevista a un veciño de
Ares, Xesús Vilasánchez, que amablemente falounos de como era a escola na súa nenez, dos
profesores daquela época, de como se vivía, a que xogaban, da diferencia co
ensino actual... Aqui vos deixamos a interesante entrevista que este grupo de
rapaces e rapazas fixeron e editaron.
Grazas a Xesús pola súa disponibilidade e a aportación a este traballo.
lunes, 23 de junio de 2014
domingo, 15 de junio de 2014
miércoles, 11 de junio de 2014
SAN VICENTE DE CAAMOUCO
Traballo recompilatorio sobre a parroquia de San vicente de Caamouco, pertencente ao noso Concello de Ares.
MOSTEIRO DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO
Os alumnos/as de 4º ESO seguen a investigar sobre o patrimonio de Ares, neste caso sobre o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.
TRABALLO FEITO POLO ALUMNADO DE 4º ESO SOBRE A IGREXA DE LUBRE
Os alumnos/as de 4º ESO da clase de realizaron este traballo sobre a Igrexa Románica de Santa Olalla Lubre.
viernes, 6 de junio de 2014
jueves, 5 de junio de 2014
As alfombras florais do Corpus Christi, no municipio coruñés de Ares, son una tradición do s. XVII. Consiste en alfombrar as rúas máis céntricas con pétalos de flores formando dibuxos que previamente se deseñan no chan e que varían todos os anos. Participan centos de persoas recollendo durante semanas toneladas de verde e flores variadas dos xardínes e casas da comarca, que mezclan con outros materiales coloreados e a véspera da festividade dedicanse a alfombrar as rúas durante toda a noite. celebrase o primeiro fin de semana despois do Corpus e a procesión sae o domingo pola tarde da iglesia de San José, desfilando polas rúas alfombradas coas flores, coa asistencia de moitos miles de persoas.
Alfombras florais
Debido a que se acercan as nosas bonitas alfombras florais, aquí vos deixo un pequeno vídeo de como se fan e do seu resultado final para que vexades que costa traballo e que se lle dedican moitas horas.
Non só se fan con serrín de cores, se non que tamén moitas persoas dedican o seu tempo a picar as flores e a preparalas para un dos días máis importantes da nosa vila. Os preparativos de picar dita flor comezan un mes antes e o momento de pintar os debuxos para enchelos de flores, 3 días aproximadamente.
Aquí vos deixo unha foto do tipo de flores que se usan máis frecuentemente.
Tamén vos deixo un vídeo grabado pola TVG para que vexades a importancia que teñen as nosas alfombras, saúdos!!!
Non só se fan con serrín de cores, se non que tamén moitas persoas dedican o seu tempo a picar as flores e a preparalas para un dos días máis importantes da nosa vila. Os preparativos de picar dita flor comezan un mes antes e o momento de pintar os debuxos para enchelos de flores, 3 días aproximadamente.
Aquí vos deixo unha foto do tipo de flores que se usan máis frecuentemente.
E aquí está o esperado vídeo;
Tamén vos deixo un vídeo grabado pola TVG para que vexades a importancia que teñen as nosas alfombras, saúdos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)