jueves, 11 de diciembre de 2014

FESTAS DE SAN ROQUE

No noso concello hai moitas festas, entre elas, as adicadas aos santos, como San Roque, un peregrino que axudaba aos pobres e aos enfermos.


lunes, 15 de septiembre de 2014

ROTEIRO TO CHANTEIRO

Aquí tedes un vídeo resumo da actividade realizada polo alumnado da ESO  a Chanteiro.

                    


                       
                               Roteiro gran gincana instruccións from Yolanda Castro López

lunes, 18 de agosto de 2014

FESTA PIRATA EN REDES

Os Piratas de Redes e Os Viquingos de Rio Castro son dúas festas populares que comezaron polo verán do 2005, cando a un grupo de Viquingos de Rio Castro, lugar situado a poucos quilómetros do pobo de Redes, decidiron sen previo aviso, invadir Redes por mar nunha tarde de verán, e “secuestrar” a un redeño. Os redeños xa que descoñecían os plans dos viquingos, non puideron facer nada contra o desembarco. Uns dias máis tarde os Piratas de Redes xa organizados e armados con espadas e globos de auga, decidiron devolverlles a xogada. Desta forma, embarcacións de Redes, tripuladas por piratas, saíron cara a Rio Castro co fin de atacar aos Viquingos e cabe dicir, que non chegou haber ningún secuestro, simplemente, foi unha escusa para comezar esta curiosa festa popular. Deste xeito, empezou unha tradición que ano tras ano congrega a máis e máis xente. Todo por suposto en clave de humor e bo rollo.

Como diciamos, ambas as festas atraen a un gran número de persoas . Nestas festas, a auga xoga un papel moi importante, xa que normalmente, os desembarcos fanse con globos e mesmo con canóns de auga. Teñen lugar pola tarde e están amenizadas por grupos de música tradicional, ademais de cervexas e comida gratis para os Piratas en Rio Castro e para os Viquingos en Redes.